lunes, 12 de abril de 2010

Biblioteca virtual galega

Imos ver se temos algo de sorte hoxe.Biblioteca virtual galega

Aquela noite ...


O vento, dulzón e pegaxoso, erguía pesadamente algunhas follas de figueira que caeran aquela mesma  mañá. O  ceo, dun azul violeta clarísimo, deixaba adiviñar unha bóveda inmensa pragada de estrelas. As luces das farolas iluminaban un camiño deserto no que só se oía o miañar queixoso dunha pequeña gatiña que chamaba pola súa dona.

lunes, 22 de febrero de 2010

As súas mans dábanlle calor ás miñas...


As súas mans, curtidas por anos de traballo e días e días de loitas inxustas, protexían e quentaban as miñas. Agarrada a el eu sabía que non podía pasarme nada malo.

Unha ponte sempre é unha posibilidade...


Unha ponte, unha posibilidade, ou aínda mellor, unha chea de posibilidades, de camiños, de xuntar forzas, de discutir puntos de vista...